A Fiscalía Superior de Galicia remite a Ourense a investigación polo peche do paridoiro de Verín

Foi a raíz dunha denuncia presentada pola asociación O Defensor do Paciente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

A Fiscalía Superior de Galicia remitiu a Ourense a investigación pola decisión da Xunta de pechar o paridoiro de Verín, por mor dunha denuncia presentada pola asociación O Defensor do Paciente.

A representante desta entidade, Carmen Flores, presentou denuncia ante a Fiscalía pola decisión do Goberno galego de trasladar ás embarazadas 100 quilómetros de distancia, obrigándoas a asumir "un risco para a súa integridade física así como a do bebé".

O escrito do fiscal Fernando Suanzes representa un trámite no proceso, no que traslada á asociación que debe ser a Fiscalía Provincial de Ourense a que asuma as dilixencias que considere pertinentes sobre os feitos denunciados.

O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.. EUROPA PRESS - Arquivo
O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta