A Xunta realizará a súa primeira emisión de débeda con rendibilidade negativa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia formalizou a que será a súa primeira emisión de débeda con rendibilidade negativa, por un importe total de 25 millóns de euros. Ademais, prevé lanzar en 2020 os seus primeiros bonos verdes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves, 12 de decembro, esta emisión de bonos a tres anos cunha rendibilidade do -0,05%, xunto con outra de 200 millóns a catro anos e cun tipo de interese cero.

Ambas as emisións están dirixidas por Abanca e permitirán amortizar anticipadamente o préstamo correspondente ao Fondo de Facilidade Financeira formalizado en 2015, así como aforrar catro millóns de euros en gastos financeiros.

O Fondo de Facilidade Financeira é un mecanismo creado polo Estado para as comunidades autónomas cumpridoras dos obxectivos de estabilidade, o límite de débeda, a regra de gasto e o límite de pago a provedores. Este préstamo tiña un tipo de interese do 0,83% e un prazo de amortización que vencía no ano 2025.

Segundo informa a Consellería de Facenda nun comunicado, en 2020 tamén ten previsto levar a cabo a primeira emisión de bonos verdes, débeda sustentable orientada a investimentos sociais, medio ambientais e á economía verde vinculados á Axenda 2030.

Dinero
Dinero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta