Arde por completo unha casa no Barco de Valdeorras

Afectou tamén a outra lindeira, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Por E.P. | OURENSE | 11/12/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na mañá deste mércores nunha casa no municipio do Barco de Valdeorras  queimou por completo a vivenda e afectou a outra lindeira, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon no lugar de Santigoso e o lume orixinouse sobre as 07:30 horas deste mércores nunha vivenda na que non había ninguén. Tras o aviso dun particular, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros e GES de Valdeorras e da Garda Civil. As mesmas fontes sinalaron que os labores de extinción do lume e de retirada do cascallo finalizaron sobre as 12:00 horas.

Incendio en dúas casas
Incendio en dúas casas | Fonte: CONCELLO DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta