Feijóo inaugura unha pasarela peonil para impulsar a estación intermodal da Coruña

Insta a "recuperar o tempo perdido".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/12/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou a "recuperar o tempo perdido" para executar a estación intermodal da Coruña, no acto de inauguración da nova pasarela peonil entre o polígono de Agrela e o centro comercial Marineda City.

Fíxoo nun acto que contou coa presenza da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e tras os desencontros entre a Administración autonómica e local durante o goberno da Marea Atlántica.

Se a rexedora aproveitou a súa intervención para reclamar que se sigua "profundando" para mellorar as comunicacións entre os polígonos e demandou "diálogo e colaboración" entre as administracións públicas para abordar os proxectos vinculados ás infraestruturas, Feijóo avogou por "seguir construíndo cidade", en alusión tanto á Coruña como a súa área metropolitana.

Neste contexto, falouse da prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, da que dixo que ofrecerá unha alternativa para acceder á cidade desde Cambre, Oleiros ou Sada de forma máis rápida ou o novo Hospital Público Universitario da Coruña, do que afirmou que suporá "un antes e un despois".

En canto ao plan de transporte metropolitano, a alcaldesa reclamou tamén avanzar en acordos nesta materia, mentres que o presidente da Xunta reivindicou que se trata dun plan que dá "resultados". "Cun bo deseño que hai que intensificar", apostilou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a inauguración da nova pasarela entre o polígono de Agrela e Marineda. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a inauguración da nova pasarela entre o polígono de Agrela e Marineda. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta