Endesa evita defender aos traballadores da planta das Pontes

O seu conselleiro delegado da empresa máis contaminante de España, José Bogas, advirte de que é "hora de actuar" na loita contra o cambio climático con "ferramentas" para abordar a descarbonización da economía.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/12/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, asegurou que é "hora de actuar" na loita contra o cambio climático e subliñou que para iso é necesario contar con obxectivos conxuntos que impliquen a todos os colectivos --gobernos, bancos, empresas e cidadáns--.

Nunha xornada organizada polo World Business Council for Sustainable Development (WBCSD) na sede de Endesa, dentro do marco do Cume do Cambio Climático (COP25) de Madrid, Bogas considerou que se teñen "as ferramentas" necesarias para abordar a necesaria descarbonización da economía, pero subliñou que se debe "actuar de inmediato".

O executivo de Endesa destacou que a transición enerxética ofrece "novas oportunidades", pero sinalou que para iso tamén se require "cambiar tendencias históricas" no consumo de enerxía, cun peso importante aínda dos combustibles fósiles.

Con todo, non fixo ningunha alusión nin defensa dos traballadores das Pontes tras a paralización e o eventual peche da fábrica. Estes piden á compañía que reconsidere a súa decisión de finalizar a actividade como moi tarde en 2022.

Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ
Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ

Endesa mercou hai uns días as portadas dos principais xornais españois, autonómicos e provinciais nos que incluíu un cuaderniño destancao as súas medidas de loita contra a contaminación cando é a empresa que máis contamina de España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta