A que ritmo avanza a sanidade galega e onde están as oportunidades de futuro?

Persoas expertas debaten ao redor das novidades do eido sanitario nunhas xornadas que se celebrarán na Cidade da Cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Expertos nacionais e internacionais reuniranse este xoves e venres en Santiago de Compostela no marco da primeira edición da xornada 'Fronteiras da Innovación Sanitaria', que se celebrará na Cidade da Cultura organizada polo Sergas e a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, a xornada, con máis de 200 profesionais inscritos, "permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vinculados a proxectos de innovación (Código 100), difundir as oportunidades existentes na modalidade de compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i".

"O foro pretende operar como espazo de discusión e intercambio de experiencias sobre a innovación sanitaria entre os profesionais do sector (entidades públicas e privadas, emprendedoras e demais expertos de primeiro nivel)", indica Sanidade.

A xornada será inaugurada este xoves co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o titular de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. A cita conta entre os relatores coa presidenta da Fundación Cotec e exministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, que intervirá o venres cunha análise sobre o papel da innovación na construción da sanidade do futuro.

Ademais, na mesma xornada participarán como conferenciantes a asesora europea en innovación e pensamento en rede Daria Tataj, e a directora de Proxectos Colaborativos Eurofins-Ingenasa e exsecretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela.

A xornada, destaca a Consellería de Sanidade, permitirá coñecer iniciativas adoptadas no terreo da innovación. Por exemplo, coa presentación de InnovaIUS.Lab, unha ferramenta orientada a facilitar o deseño de contratos de compra pública innovadora que sirvan como motores do I+D+i.

A rede galega de Living Labs de Saúde, concibida como vía de colaboración entre o sistema sanitario, a academia, a industria e a sociedade para axilizar os resultados de innovación, "será outra das propostas protagonistas", destaca a Xunta.

Centro de Saúde do Casco Vello de Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo
Centro de Saúde do Casco Vello de Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta