Nova reunión do BNG co PSOE para avanzar na investidura de Sánchez

Os nacionalistas levan "aspectos chave" da "axenda galega".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Unha representación do BNG reuniuse en Madrid co PSOE para negociar "aspectos chave" da chamada 'Axenda Galega' co obxectivo de avanzar cara a un "posible acordo" de investidura para esta lexislatura.

En concreto foron o deputado Néstor Rego xunto con Goretti Sanmartín e Rubén Cela, en representación da executiva nacional do Bloque, que de momento mantén as negociacións "abertas á espera dunha nova reunión" para alcanzar "un acordo favorable para a sociedade galega".

Entre os temas trasladados, destacan a transferencia da AP-9 e a baixada das peaxes, ademais das transferencias pendentes para Galicia, o Estatuto de Empresas Electrointensivas ou a creación de máis Xulgados de Violencia de Xénero.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta