O sector de Pesca ve "positiva e construtiva" a reunión co novo comisario de cara a 2020

Durante este encontro, o grupo pesqueiro europeo transmitiu a Virginijus Sinkevicius os problemas e desafíos aos que se enfrontan e trasladáronlle as propostas para facerlles fronte.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/12/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Cepesca e presidente da patronal pesqueira europea Europêche, Javier Garat, cualificou de "positiva e construtiva" a reunión que mantivo este mércores unha delegación do sector pesqueiro europeo co novo comisario de Medio, Océanos e Pesca da Unión Europea, Virginijus Sinkevicius.

Durante este encontro, o sector pesqueiro europeo transmitiu a Sinkevicius os problemas e desafíos aos que se enfronta o sector e trasladáronlle as propostas para facerlles fronte. Ante a eminente celebración do Consello de Ministros de Pesca da UE que decidirá os TAC e cotas para 2020, Garat indicou ao comisario que a tendencia con relación á consecución do Rendemento Máximo Sustentable (RMS) das diferentes poboacións de peixes ata a data foi "positiva", despois de "enormes sacrificios" do sector.

Por iso, solicitoulle que teña en conta os informes de impacto socioeconómico que presentarán os Estados membros e os diferentes rangos de cotas que ofrecen os científicos para lograr o obxectivo do RMS. Así mesmo, a delegación de Europêche manifestoulle a importancia do Brexit e das posibles consecuencias para o sector pesqueiro.

Respecto ao regulamento de control da pesca, Europêche defendeu o fortalecemento das sancións para a pesca INDNR, cun sistema de sanción harmonizado, a mellora da rastrexabilidade en toda a cadea de subministración (CATCH) e a inclusión no monitoreo e control de buques á pesca recreativa.

Abordouse tamén a obrigación de desembarque, onde o sector explicou a situación actual. "Os pescadores víronse obrigados a descartar peixes debido ás complexas normas de pesca da UE, as demandas do mercado, a distribución das cotas e o tamaño mínimo das especies. Non o fixeron porque quixesen!", indicaron.

Garat trasladou ao novo comisario a necesidade de eliminar as preferencias comerciais para especies procedentes de países relacionados coa pesca INDNR e que cometen graves abusos laborais. Ademais, incidiu sobre os criterios de rastrexabilidade e o acceso ás importacións no mercado da UE.

Por último, solicitaron ampliar a información aos consumidores sobre os produtos do mar e a súa orixe, e prestar máis atención á comunicación sobre os beneficios do consumo de peixe para a supervivencia e a saúde, ademais do seu baixo impacto no desenvolvemento do cambio climático.

Abanca incrementou a súa participación en Nova Pescanova ata superar o 39%. ABANCA
Abanca incrementou a súa participación en Nova Pescanova ata superar o 39%. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta