Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2019 | Actualizada ás 20:41
O Ministerio de Fomento acaba de recibir a carta remitida pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que expón un cambio no financiamento das obras de ampliación da AP-9, así como unha nova bonificación, para reducir a subida prevista das tarifas para o ano que vén (do 2,64%).
Fontes do ministerio confirmaron a Europa Press a recepción da misiva, que ten data deste mércores 11 e está dirixida, en concreto, ao secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura. Respecto diso, as fontes de Fomento limítanse a apuntar que o texto "se está analizando". Nel, a conselleira tamén solicita unha reunión "canto antes" da comisión da autoestrada.
De acordo coas previsións, o incremento do custo das peaxes da AP-9 en 2020 (que é unha proposta que fan as concesionarias, neste caso Audasa, pero que debe aprobar o ministerio a finais de ano) será do 2,64%.
Ao 0,84% que se corresponde coa subida do IPC (modulada coa frecuencia de tránsitos), que é o que aumentarán as taxas doutras autoestradas, no caso da AP-9 súmaselle un 1% para financiar a mencionada ampliación (na ponte de Rande e en Santiago, unha taxa que se prolongará no tempo ata 2038) e un 0,8% pola subvención a quen fai o traxecto Vigo-Pontevedra con telepeaxe (cuxo pago é o último en 2020).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.