A Xunta mantén o complemento de 206 euros aos galegos con pensións non contributivas

Puxo en valor que Galicia, "a pesar das dificultades", segue financiando este complemento para as pensións fronte ao que ocorre en "outras comunidades que non teñen".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Goberno galego decidiu manter un exercicio máis o complemento de 206 euros para os cidadáns da comunidade que teñen pensións non contributivas.

Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, explicou que os beneficiarios deste complemento recibirán estes 206 euros na mesma conta na que se lles ingresa a prestación da súa pensión e de oficio "no dez primeiros días" de xaneiro de 2020.

Tamén puxo en valor que Galicia, "a pesar das dificultades", segue financiando este complemento para as pensións fronte ao que ocorre en "outras comunidades que non teñen".

Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA
Consello da Xunta do 12 de decembro.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta