Os mutualistas e beneficiarios de Muface poderán acollerse ao novo concerto sanitario

Os novos concertos, desde a prestación sanitaria en territorio nacional como os mutualistas destinados ou residentes no exterior, representan un incremento da prima fixa do 4,5%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Os 70.037 mutualistas e os seus beneficiarios que residan en Galicia, adcritos á opción privada, poderán beneficiarse a partir do próximo 1 de xaneiro do novo concerto de asistencia sanitaria asinado por Muface e as aseguradoras Asisa, SegurCaixa Adeslas, DKV e Igualatorio Cantabria, segundo informa a Delegación do Goberno.

Á firma do novo acordo, que conta cun orzamento de 2.255 millóns e un período de vixencia 2020-2021, asistiron o secretario de Estado de Función Pública, José Antonio Benedicto, e coa secretaria xeral de Muface, Myriam Pallarés.

Os novos concertos, desde a prestación sanitaria en territorio nacional como os mutualistas destinados ou residentes no exterior, representan un incremento da prima fixa do 4,5%. Esta subida, segundo o Ministerio, permite a sustentabilidade do modelo, así como a posibilidade de incorporar novos servizos cos que o Goberno está a completar a carteira común do Sistema Nacional de Saúde (SNS).

COBERTURA

Este acordo dará cobertura a máis de 1,1 millóns de titulares e beneficiarios aos que se irán sumando miles de mutualistas, "principalmente novos", tras superar as probas das últimas ofertas de emprego público e os procesos de estabilización do emprego público.

Tras a firma do concerto, o secretario de Estado agradeceu ás aseguradoras o seu compromiso co modelo Muface. Ademais, destacou que o novo acordo senta sobre os alicerces de aplicación das novas tecnoloxías e a flexibilidade na xestión, "que van conseguir unha notable mellora das prestacións aos mutualistas".

O acordo recolle novidades en tratamentos oncolóxicos, a futura posta en marcha dun comparador de medios ofrecidos polas distintas aseguradoras, o proxecto de Cartafol Persoal de Saúde, que incluirá os informes médicos e resultados de probas do paciente, ou o desenvolvemento da receita electrónica no ámbito privado, ampliando progresivamente a súa cobertura.

Sede de Muface
Sede de Muface

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta