A Xunta insiste en defender o ensino do inglés antes que o do galego porque este "xa se coñece"

Feijóo foi contundente cando Galicia Confidencial lle preguntou sobre o Informe do Consello de Europa e se non teme que os galegos máis mozos acaben perdendo o seu idioma. "O coñecemento do galego está garantido, non así o do inglés", foi a resposta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/12/2019 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

"O coñecemento do galego está garantido, non así o do inglés e estamos intentando garantir o seu coñecemento con maior intensidade". Así de contundente se amosou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo de coñecerse este mércores un informe do Consello de Europa sobre o cumprimento dos compromisos do Goberno galego respecto da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.

Clase de inglés para nenos
Clase de inglés para nenos | Fonte: ciudadpeques.com

Este estudo apunta a que caen drásticamente os falantes, fallan as medidas para facilitar a atención desde a administración e a presenza do galego no sistema educativo é insuficiente, especialmente, en preescolar e en primaria. De feito, alerta sobre a ruptura da transmisión interxeracional deste idioma e como algúns pequenos falan millor inglés do que galego.

"Sorprendeme que se critique o plurilingüismo. Se hai informes que din que os nenos non poden falar, estudar ou conversar en inglés alá os autores do informe. Nós temos moi claro que os galegos debemos coñecer para falar e escribir o galego, o castelán e o inglés e, por iso, imos insistir nas políticas de plurilingüísmo porque son moi procedentes na Europa actual", respondeu un Feijóo que semella non coñecer, ou non quere recoñecer, o alcance real deste severo toque de atención da UE.

O GALEGO "MELLOR" QUE NUNCA

Neste sentido, usou como coartada informes do INE, da RAG ou do Instituto Galego de Estatísticas para dicir que o galego está "mellor que nunca". "Por suposto se hai que traballar polo galego, por suposto, pero nunca se deu como ata agora tantos galegos que souberamos escribir e ler galego en toda a historia. E isto non o di ese informe, senon o INE, a RAG e os estudos do Instituto Galego de Estatística", dixo.

Hermanager humor - Galegos falan inglés
Hermanager humor - Galegos falan inglés

Ante estas preguntas, Galicia Confidencial preguntoulle se non teme que o galego acabe sendo unha lingua testemuñal sabendo xa que os máis novos prefiren o español e o inglés que o galego. "Temos un problema na fala, non no coñecemento, senón polos problemas da mocidade en falar galego. Ese problema está detectado e diagnosticado", dixo.

AS PROPOSTAS DE FEIJÓO

E cal é a medida que propón a Xunta para solucionalo; "pois facer campañas de promoción do uso do galego porque o de garantir o adestramento oral e escrito do galego estamos nos mellores datos desde que hai rexistros", foi a resposta de Feijóo.

Nin cambiar a actual lei do plurilingüismo, nin fomentar o seu uso en ámbitos educativos ou sociais ou mesmo realizar programas de inmersión lingüística. A Xunta reduce todo a "campañas de promoción". É dicir, a darlle diñeiro aos grandes medios de comunicación que utilizan o español para que poñan anuncios sobre o uso do galego e axudar así a que estes mesmos medios falen ben das políticas lingüísticas de Feijóo.

"Por suposto que non imos renunciar a que a xente non coñeza galego. Sería ridículo que un galego non coñecera o seu idioma, pero tampouco imos impedir que os galegos sexan plurilingües como o resto dos europeos. Do mesmo xeito que un alemán fala dous ou tres idiomas, un galego tamén o tería que facelo", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Xanc

Doada contestación... Por esa regla de tres elimine tamén o castelán, total xa se coñece... Por ese regla de tres... elimine as matemáticas, total xa hai calculadoras. Por esa regla de tres, elimine Historia, habendo wikipedia... Feijóo está facendo bo a Fraga, menudo esPPerpento

1 Gabriel

Ante argumentos tan de pata de banco coma os de Feijoo quizais habería que devolverlle o mesmo. O seu é un nivel argumentativo de taberna chea de viño...