Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 18:57
Un río atmosférico que conecta a zona tropical coas latitudes medias impacta este xoves contra Galicia, de modo que as choivas continuarán toda a fin de semana, segundo a información de Meteogalicia.
Así, á profunda borrasca no Atlántico súmase este río atmosférico. A choiva segue caendo de forma xeneralizada, aínda que irá a menos co avance da tarde.
Este xoves, Galicia rexistra unha xornada treboenta, na que se activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral e por choivas no interior da provincia de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.