Ás voltas coa Cidade da Cultura... Haberá un segundo plano estratéxico

A Xunta elaborará un novo informe para determinar o "valor social" que o complexo cultural achega ao conxunto da cidadanía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O Goberno galego elaborará en 2020 un segundo plano estratéxico para a Cidade da Cultura que se dedique a definir "os novos retos" deste "proxecto tecnolóxico, cultural e creativo" durante a próxima década.

Xunto a este novo plan, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, tamén anunciou este venres que se procederá á redacción dun informe "da contabilidade social da Cidade da Cultura". É dicir, determinarase o "valor social" que achega á cidadanía galega este complexo cultural.

O plan estratéxico para a próxima década definirá as liñas de traballo da Cidade da Cultura e ten por obxectivo "ser útil para a cidadanía e un aliado das industrias galegas", explicou Lorenzo na comisión cuarta de Educación e Cultura este venres. Este chegará despois de que o pasado ano concluíse o primeiro proxecto destas características para a Cidade da Cultura, que cubriu os anos 2012 a 2018.

Pola súa banda, o informe sobre o valor social do complexo segue a liña de estudos europeos e pretende determinar a achega á sociedade das entidades e organizacións culturais. Así, "o coñecemento dese valor axudará á difusión pública e á fortaleza da Cidade da Cultura", engadiu Lorenzo.

Despois de dez anos de andaina, a Cidade da Cultura segue sendo contemplada como un proxecto a medio-longo prazo que, a curto prazo, se xestiona con "realismo, dilixencia e humildade". O director xeral sostén tamén que é un "elemento tractor, que aglomera as industrias culturais e creativas de Galicia" e busca a participación da cidadanía.

Cidade da Cultura. XUNTA - Arquivo
Cidade da Cultura. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Anxo Lorenzo chupando do bote ! A Cidade da In-Cultura cando menos debera facer accesible o edificio (?) é unha vergoña que cando solicitas unha cadeira de rodas te fagan agardar máis de 20' e logo comprobes que as portas dobles (e pesadas como mundos) fagan imposible acceder de xeito autónomo... E logo a ver como fas para chegar ao aparcamento (a silla tela que deixar na recepción!) Todo un poema... https://youtu.be/bRfwBsB7JL0

1 sistema de washintong

A mellor estratexia e vender o local e adicalo a outros usos!