Podemos Galicia di que ten un "perfil moi claro" de quen debe liderar as listas ás galegas

Gómez-Reino convida a Anova a "sumarse" a En Común para as vindeiras eleccións e amosase confiado en converterse na alternativa da esquerda en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, convidou a "sumarse" á coalición En Común aos "aliados" do espazo político como Anova, formación que este sábado celebra un conclave interno do que sairá a súa postura de face ás eleccións autonómicas do próximo ano.

Nunha rolda de prensa celebrada na sede do partido morado en Santiago, o tamén deputado de En Común reivindicou esta coalición --na que non participa Anova-- como a ferramenta para concorrer á cita coas urnas de 2020, na liña do expresado durante o últimos seis meses.

"Estamos abertos a que todo o mundo se siga sumando. Non sobra ninguén", incidiu Gómez-Reino a preguntas dos medios. Con todo, mostrou o seu respecto ao proceso interno de Anova, cuxa dirección fixo público o seu descontento co trato recibido por parte dos seus aínda socios no Parlamento de Galicia, aos que acusa de actuar impondo intereses "de parte".

Cuestionado sobre este asunto, que se reflicte na tese política proposta pola dirección da organización nacionalista para a asemblea deste sábado, o parlamentario nas Cortes apelou a manter "un mínimo de respecto entre socios" para non comentar a posición crítica de Anova sobre a deriva do espazo político nos últimos tempos.

TEN "CLARO O PERFIL" DO CANDIDATO

"Eu teño moi claro como ten que ser esa persoa", respondeu o deputado á pregunta de quen considera que debe ser o candidato á Presidencia da Xunta. "Teño claro como ten que ser ese perfil", remarcou Gómez-Reino, que non concretou a quen se refería.

Neste sentido, apuntou que En Común "está chamado a liderar o espazo da esquerda" a pesar da perda de votos rexistrada na chamada 'unidade popular' nos últimos anos.

"Nós aspiramos a liderar. Agora somos terceira forza pero temos moi claro que o espazo que representamos en 2016 continúa aí. Aspiramos a lograr a confianza da maioría progresista deste país", asegurou Gómez-Reino, quen cre que "a mellor noticia" para os galegos de cara ás autonómicas do próximo ano "é lograr un goberno de coalición no Estado; e iso está moi preto".

O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de En Común, Antón Gómez-Reino, e os parlamentarios de Común da Esquerda Luca Chao e Marcos Cal
O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de En Común, Antón Gómez-Reino, e os parlamentarios de Común da Esquerda Luca Chao e Marcos Cal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 abella

Calvo e con pucha

2 Realpolitik

"Si se pode!"... Nen castrapo saben!!! Sí, pódese ser galego sen dar vergoña allea vendéndose a Madrid. Estes madrillegos son un cancro político. Menos mal que van costa abaixo e sen freos...

1 Pitito

Podemos Ejpaña en Galicia