Jácome pide "perdón" por meter a todos os axentes da Policía Local "no mesmo saco" ao dicir que "se escaquean"

O pleno ordinario do Concello de Ourense comezou co desaloxo de dous axentes por despregar carteis que pedían "respecto" para o Corpo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 13/12/2019 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pediu "perdón" por meter a todos os axentes da Policía Local "no mesmo saco" ao dicir que "se escaquean". "Obviamente, non todos son así e hai funcionarios no Concello de Ourense ante os que me quito o chapeu", sinalou.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press

Así o manifestou no Pleno ordinario do Concello de Ourense celebrado este venres, durante o debate dunha moción presentada polo grupo socialista no que demandaban respecto ante as "continuas faltas do alcalde".

As súas desculpas valéronlle o aplauso dalgúns dos axentes que seguían a sesión plenaria desde a tribuna. "É verdade que hai mazás podrecidas, pero non todos", dixo. "Mesmo hai funcionarios cos que eu alucino porque curran moito máis que curraba eu na empresa privada", engadiu.

A moción presentada polo grupo municipal socialista pedía ao alcalde e ao Goberno de Ourense que mostrasen publicamente "as súas desculpas polo trato denigratorio empregado durante o presente mandato contra a Policía Local".

Ademais, demandaba o seu "respecto e recoñecemento polo valioso traballo desenvolvido a diario pola policía municipal". Finalmente, a moción non puido saír adiante porque contou co rexeitamento de DO e PP.

No entanto, o pleno ordinario xa comezara cunha nova disputa despois de que varios funcionarios da Policía Local e tamén algúns concelleiros da oposición despregasen ao comezo da sesión unhas pancartas nas que se solicitaba "respecto" para a Policía municipal.

Unha actitude que non gustou ao alcalde ourensán, que pediu que as retirasen e o desaloxo de dous axentes da sala, antes de encerellarse nunha discusión co portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mirko

Este é un CRASH.