O Goberno de Sánchez culpa ao de Rajoy da suba de tarifas na AP-9

O delegado Javier Losada asegura que o PP "as aprobou con Ana Pastor como ministra de Fomento".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/12/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, culpou o PP da suba das tarifas na AP-9, asegurando que "as aprobou o Goberno de Rajoy con Ana Pastor como ministra de Fomento". Ademais, recalcou que o actual Executivo "non aproba ningunha tarifa".

Peaxe.
Peaxe.

Así se pronunciou ao ser preguntado, tras unha reunión coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, pola petición da Xunta ao Executivo actual para que se convoque a comisión conxunta da AP-9 antes da aprobación das tarifas.

Preguntado pola súa opinión sobre a suba prevista, dixo que é "alta", pero recalcou que o Executivo de Sánchez "está a cumprir os acordos que tiña outro Goberno cunha entidade privada", sinalou sobre Audasa.

Por outra banda, dixo que o Ministerio de Fomento vai "analizar" a carta coa proposta que lle remitiu a Xunta. "E mirará todas as cousas que se poden facer para mellorar as condicións de uso e xestión". "Diálogo, consenso e acordo", resumiu a este respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta