Un autobús escolar sáese da estrada de Bergondo, pero sen rexistrarse feridos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un autobús escolar protagonizou unha saída de vía ao seu paso por Bergondo, na provincia da Coruña. No vehículo viaxaban o condutor e un sete menores pero ningún resultou ferido.

Garda Civil
Garda Civil

A saída de vía dun autobús escolar puxo en alerta aos servizos de emerxencia. O sinistro deuse sobre as 15,30 horas, no lugar de Pedras Brancas, en Bergondo, na estrada que une Guísamo a Cambre.

De acordo coa información facilitada polo propio condutor, a posición do autobús dificultaba a circulación doutros vehículos por ese tramo da vía. Con eses datos, desde o CIAE pasouse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local, ademais dos voluntarios de Protección Civil de Bergondo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta