Temas: FEMINISMO MULLER

As mulleres de Ferrolterra súmanse ao himno feminista do momento

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 15/12/2019 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Máis de 100 mulleres de Ferrolterra xuntáronse para responder o chamamento das mulleres chilenas que crearon o himno 'Un violador en tu camino', que leva percorrendo o mundo enteiro dende o último 25N -Día Internacional contra a Violencia de Xénero-, cando unhas 10.000 chilenas se botaron á rúa para cantar esta canción protesta.

Performance 'Un violador no teu camiño', en Ferrol.
Performance 'Un violador no teu camiño', en Ferrol.

"Queremos facer visible que o feminismo é un tecido de sororidade internacional, por riba das nacións e as culturas as mulleres vivimos a mesma opresión e a mesma violencia polo único motivo de nacer muller. Có noso dedo acusador sinalamos ao opresor, o patriarcado sistémico que nos castiga por ser mulleres a vivir violacións, asesinatos e desaparicións có silenzo cómplice de Estados e sistemas xurídicos. Polas que non están non imos calar", expresaron as mulleres que participaron na performance en Ferrol.

Temas: FEMINISMO MULLER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta