Haberá unha nova unidade do nacionalismo nas eleccións galegas do 2020?

Ana Pontón asegura que o BNG ten as "portas abertas" a forzas "non estatais". Luís Villares tamén descarta pactos con EU e Podemos e aposta por unha nova alianza nacionalista co BNG e Anova, mentres desde Común da Esquerda buscan articular unha "alternativa o máis diversa posible" con Anova, Podemos e EU.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/12/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A asemblea de Anova celebrada esta fin de semana abriu moitas portas e distintas posibilidades para configurar alternativas de goberno en Galicia. Anova animou aos seus socios, Podemos e EU, a abandonar posturas "de parte" para continuar na súa alianza con eles, mentres que tanto o BNG como En Marea buscan sumar esforzos nunha nova proposta nacionalista na que tamén inclúen a Anova, ou, cando menos, a unha maioría de militantes descontentos. A única incognita está en saber se esa nova alternativa é baixo as siglas do BNG, ou pivotada polo BNG pero non exclusivamente baixo as súas siglas.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos). EUROPA PRESS - Arquivo

E é neste punto, no das siglas, onde poden xurdir os principais problemas no bando nacionalista. Hai moita xente de En Marea e de Anova aos que non lles importa sumar co BNG nunha gran fronte nacionalista, pero, sempre e cando quede claro que se trata dunha fronte ou unha alianza de forzas irmáns, pero non dunha absorción. De feito, segundo as fontes consultadas por GC, nas últimas semanas intensificaronse as conversas entre distintos actores do nacionalismo para abordar esta gran fronte.

E o único que teñen claro no BNG, en En Marea e no entorno non oficialista de Anova é que nesa gran fronte non hai espazo para Eu ou Podemos. E niso foron contundentes este luns tanto a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,  como o de En Marea, Luís Villares. "O BNG non comparte a liña aprobada por Anova este fin de semana porque aposta por seguir traballando en alianzas con forzas estatais", dixo en declaracións no Parlamento.

Respecto diso, mostrou o seu rexeitamento a "facer de comentarista" das decisións políticas acordadas por outras organizacións políticas e aproveitou para reivindicar o proxecto "sólido" que o BNG ofrece aos galegos. "Un proxecto pensado desde Galicia e para Galicia, que está a recibir cada vez máis apoios electorais. Estamos a traballar xa para a preparación do reto de 2020, dando pasos no proceso de designación da candidatura á Presidencia da Xunta, e imos seguir sumando, igual que sumamos ao longo deste ano a moita xente que quere participar deste proxecto", indicou.

"PATRIOTISMO DE SIGLAS"

Precisamente, Ana Pontón ten claro que é o BNG quen ten que asumir e "sumar" á xente que queira entrar, pero non nunha nova fronte ou con siglas diferentes. "Temos a man tendida a todos aqueles que queiran fortalecer a alternativa fronte ao que representa o PP en Galicia", suliñou. "Entón mantén que as siglas teñen que ser as do BNG?", preguntoulle GC. "Nós temos claro que a alternativa é o BNG. Se sumas fóra, se cadra, restas", indicou.

Ana Pontón e Luis Villares
Ana Pontón e Luis Villares | Fonte: EPG

E foi neste punto onde diverxe con Luís Villares, para quen, está claro que Galicia necesita unha lista nacionalista forte sen forzas "estatais" e na que as siglas "son o de menos". De feito, e preguntado por GC se cre que tanto a xente de Anova como os de En Marea poden presentarse só baixo as siglas do BNG, a súa resposta foi clara: "Non se trata de exercer un patriotismo de siglas, senón que todos esteamos cómodos".

"Nós estamos abertos a un proxecto común e a renunciar as nosas siglas. Pero renunciar non significa asumir as siglas doutra forza, senón estar nun proxecto que nos serva a todos os nacionalistas máis alá de siglas", suliñou. E, ao igual que Ana Pontón, tamén ten claro que nesa alternativa non hai sitio para Podemos ou EU, pero si para a xente de En Marea, Anova o BNG ou outras forzas nacionalistas. Unha opinión que tamén comparten destacados xa ex militantes de Anova.

ANOVA

Está claro que tanto no BNG como En Marea, e destacados aínda afiliados e ex afiliados de Anova, teñen claro que é necesario "unificar" o nacionalismo que se rompeu tras a asemblea de Amio, pero sen contar con Podemos e Eu. E aí a "oficiliade" de Anova é a que pode poñer chanzos.

Pontón xa ten claro que Anova irá con Podemos e EU e Villares deixouno caer, aínda que agarda que, finalmente, a fórmula que escolla Anova sexa a das súas esencias nacionalistas. "A fórmula é o de menos pero o que non pode pasar é que haxa unha tomadura de pelo como aconteceu nos anteriores comicios", suliñou. "Temos que aprender da experencia e por iso é importante que Anova tamén teña un barniz diferente", indicou quen conviviu ata hai pouco con Anova, Podemos e EU no mesmo grupo parlamentario.

Desde Anova, o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, apelaba este luns a abrir un "diálogo" entre "todas" as forzas políticas que se atopen "á esquerda do Partido Socialista" para explorar unha posible alianza de face ás eleccións autónomicas.

PODEMOS E EU

Ben diferente é a visión desde Común da Esquerda. A deputada desta foza e membro da dirección de Podemos Galicia Luca Chao ten claro que "coinciden" con Anova no importante: a necesidade de articular "unha alternativa o máis diversa posible para derrotar a Feijóo" nas autonómicas do próximo ano.

Ademais, sobre as conversacións para a creación dunha candidatura de unidade --Esquerda Unida chama a iniciar os contactos nos primeiros días de 2020-- non afectarán o funcionamento de Grupo Común da Esquerda na Cámara, onde está representados Anova, EU e Podemos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

9 El Ciz

Galiza-España, a grande contradiccion que determina as estratexias enfrontadas do nacionalismo galego e o españolismo. E a parte poderosa, a españolista, por incapacidade de organizacion ao carecer de resposta a realidade da Galiza curiosamente e a que propon unha inverosimil unidade de acción co nacionalismo galego. E a experiencia e a historia van deixando nua a intencion fagocitadora

8 Mugueimes

A uma diagnose errada, mal começamos. Nem o BNG, nem Em Maré, e muito menos a entreguista Anova, são ferramentas transformadoras válidas para o tempo político atual. O povo galego não reage com homeopatia. Identifiquemos os males, sem medo: interesses pessoais (profissionais da política), ódios cainitas (velhos que não deixam a direção), falha de formação e de informação (nem esquerda, nem soberanismo). Então, o primeiro devem desaparecer as organizações inválidas (as nomeadas e satélites), para logo construir desde a base e com solidão. Impossível a unidade galega para quem acredite manter os partidos e líderes atuais.

1 Alpinista

E ti pensas que os santos e as santas que están nos altares, cos seus sacerdotes, monaguillos e beatas, van baixar voluntarios das alturas e poñerse ao nivel do pobo para comenzar a construir desde abaixo? Iso sería democracia, horizontalidade, compromiso verdadeiro e sacrificio polo País! Acontece que o interese persoal e da camarilla está por riba do da xente que din defender. Se sabemos que son líderes fracasados e falsos, cómo seguimos adorando ou tapando!

7 Alberte

O BNG nom é um partido; é uma frente. Se há outros partidos que queiram integrar-se no seu projeto, bem-vindos sejam (de facto, os mais deles procedem do bloco). Além disso, as siglas do BNG estão consolidadas. Acho que quem termaram do leme quando havia cantos de sereias madrilenas têm mais legitimidade pra levarem a iniciativa.

1 Bendito Chiringuito

A UPG é o Partido. O residuo son obediencia de grupúsculos marxinais e marxinados (salvo os colocados, tocados polo dedo da U, que garanten a continuidade da mestura no caldo). O que desexe someterse, xa sabe o que debe aturar e tragar. O BNG como marca está tan pouco consolidado como IU (o Partido aquí é o PCE, con residuo arredor). A mostra da pouca consolidación é como uns oportunistas os desprazan até o quinto posto. Contentarse coa marxinalidade é ben triste. A esquerda está moi verde no momento actual, o sentimento de galeguidade tamén, pois desde o poder o BNG non fixo nin fai nada para concienciar (só reparte aos amigos, clientelismo igual ao PPSOE, cos que comparte).

2 Alberte

Só espero que se imponha o sentidinho e haja unidade de todo o nacionalismo, sem sectarismos. Ou alguém prefere a unidade PP-VOX?

3 Realpolitik

Gañas de marear. Son nacionalista galego, voto BNG, non microsectas de resentidos adoecidos. Se non fose nacionalista galego votaría ppsoepodemoscsvox e punto.

6 Gustavo

A unidade estaría ben, pero non vai suceder. O BNG só aceptaría integrar xente baixo as suas siglas. Están no seu direito, pero recoméndolles que en calquera caso quiten ao calvo da operación. O sr. Villares buscará acobillo desesperadamente en calquera fórmula, pero si alguén "pica" acollendoo a el e aos seus colegas de Cerna, xa sabe o que lles espera...

5 Gamela

BNG logo destes catro anos "escuros" rompendo o proxecto de En Marea (vía Cerna) agora ofrece a UNIDADE QUE ROMPEU bastará un postiño de saída na lista electoral a Villares (e cicais a Martiño Noriega co permiso previo de Beiras) e o BNG ABSORVERÁ todo o voto "nacionalista" para seguir pactando co PSOE nas Deputacións (?) E cicais ofrecéndolle o goberno da Xunta ao sobriño de Abel Caballero (claro que no último minuto pode aparecer Carmela Silva de Vicepresidenta) Levamos meses anticipando o desenlace desta "novela negra" https://i.gal/gamela03 agora bastará con darlle un caramelo a Villares e todo amañado para que a UPG siga colocando aos seus e cortando o bacallau! Galicia sempre terá que agardar tempos mellores, mentres a Jet-Set-Galega poderá mercar os seus Galapagares (aquí serán pazos rehabilitados segundo as últimas técnicas Passive House)

1 Manuct

¿A unidade rompeuna o BNG? Carallo, esa foi boa. Mi madriña como rula o licor café

2 Gamela

Con licor café as contas saen igual: BNG 6 / GrupoComunEsquerda 10 / GrupoMixto 4 O BNG non quixo sumar e perderon 14 escanos ! Agora buscan un puñado de votos vía Villares e Anova a ver se apañan 4 escanos (e chega aos 10) Se eso non é ROMPER a UNIDADE como lle chamarías tí ?