Abanca Innova selecciona 19 proxectos internacionais para o seu 'Programa para Startups'

Un total de 19 startups internacionais, procedentes de España, Portugal e Suíza, participaron o 11 e o 12 de decembro nun Bootcamp presencial organizado dentro da terceira edición do 'Programa para Startups Abanca Innova'.

Por GC Emprende | Compostela | 16/12/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Segundo informou a entidade a través dun comunicado, durante estes dous días de traballo recibiron charlas de expertos en emprendimiento e de persoal de Abanca, que lles axudaron a definir cal será a maneira de colaborar coa entidade en busca da proba de concepto a desenvolver.

Robot de Abanca
Robot de Abanca | Fonte: Abanca

Nestas xornadas de traballo, emprendedores de prestixio como Eduardo Martínez García, fundador e CEO de LUM, unha app que ofrece ferramentas para cambiar a forma de ofrecer a banca comercial, e Lorenzo García Tamarit, CEO de TheLogicValue.com, empresa de software financeiro, ofreceron sesións formativas aos asistentes. Ademais, Augusto Santos, CEO de Fintech Portugal, trasladoulles a súa visión sobre o ecosistema fintech en España e Portugal.

Por parte de Abanca, as startups seleccionadas puideron coñecer, a través do 'Café Fintech', a estratexia de innovación do banco da man do director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións, Jose Manuel Valiño, e da directora de Mercadotecnia, Susana Ortiz.

Durante os dous días de duración do Bootcamp, as startups tamén tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos ante as diferentes áreas de Negocio, Tecnoloxía, Participadas e Innovación do banco co obxectivo de demostrar que a súa proposta de valor ten encaixe coas necesidades da entidade e así poder pasar á seguinte fase do programa. Máis de 30 mentores de Abanca axudáronlles a detectar necesidades e a enfocar a súa proposta de valor para que se adaptase ás necesidades da entidade.

Tras estas dúas sesións, Abanca decidirá a continuación ou non do desenvolvemento das probas de concepto. Nunha semana, todos os proxectos que participaron no Bootcamp recibirán feedback por parte de Abanca acerca da viabilidade do seu proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Crisa

A nova semanal pra branquear ás quenllas do venezolano. Qué ben fixen movendo as contas á Caixa Rural. Nin un peso pra istes ultraneoliberais antigalegos!

1 Joavit2

Ya era hora de que inviertan fondos Avanca es una muy buena noticia.