Inma López Silva recibe o XVI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Afundación e Ámbito Cultural do Corte Inglés celebrarán este martes no Café Moderno de Pontevedra o acto de entrega do XVI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Inma López Silva polo seu artigo 'Terra rota', publicado no diario La Voz de Galicia o 10 de abril de 2018.

No acto estarán presentes o presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, o director de Comunicación e Relacións Institucionais do Corte Inglés en Galicia e Asturias, Pati Blanco; o presidente do xurado, Alfredo Conde; e o secretario do xurado, Carlos Valle.

O premio, ao que se presentaron 20 artigos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, está dotado con 6.000 euros. A galardoada súmase deste xeito a unha nómina de premiados entre os que se atopan nomes da talla de Santiago Lamas, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Darriba, Manuel Bragado, Luís Pousa, Tamara Montero, María Varela ou Santiago Jaureguízar.

Inma López Silva é escritora e crítica teatral. Naceu en Santiago de Compostela no 1978 e licenciouse e doctorouse en Filoloxía pola USC. Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbona , actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías do Teatro e desde onde desenvolve unha intensa actividade crítica que se materializa nas súas publicacións en Tempos Novos, Revista Galega de Teatro, ADE ou Graal. É tamén autora dunha ducia de libros e destacada escritora de ficción.

Inma López Silva
Inma López Silva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta