Abre o prazo para presentarse aos XXIV Premios de Teatro María Casares

O prazo de inscrición iníciase este luns, día 16 de decembro, e de que permanecerá aberto ata o próximo 7 de xaneiro ás 15,00 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) abriu o prazo de inscrición para os XXIV Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o próximo 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Nun comunicado, a asociación lembrou que poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Así mesmo, informou de que o prazo de inscrición se inicia este luns, día 16 de decembro, e de que permanecerá aberto ata o próximo 7 de xaneiro ás 15,00 horas.

A AAAG explicou que a organización introduciu este ano unha modificación nas bases que regulan o funcionamento dos galardóns. Así, a esta edición poden optar as producións de teatro de actor en galego estreadas ao longo de 2019, así como todas as persoas profesionais que participen nas montaxes comprendidas neste período.

A novidade será que os espectáculos que se estreen no último trimestre do ano (entre o 1 de outubro e o 31 de decembro) poderán escoller presentarse na edición de 2020 ou na de 2021.

A asociación explicou que este cambio, solicitado na asemblea da AAAG, ten como obxectivo permitir aos espectáculos contar co suficiente percorrido polos escenarios para garantir a súa visibilidade entre o censo de votantes que cada ano escollen os gañadores dos premios.

En concreto, máis de 450 persoas integran este censo, formado polo corpo asociativo, por finalistas e persoas gañadoras de edicións anteriores, programadores e programadoras da Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como membros da prensa e da crítica teatral.

Gala dos Premios de Teatro María Casares. LADIAPO/ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES - Arquivo / Europa Press
Gala dos Premios de Teatro María Casares. LADIAPO/ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta