Un decálogo para evitar os micromachismos nas xuntanzas de Nadal

O documento, elaborado pola Deputación da Coruña, inclúe 10 puntos para concienciar á sociedade e evitar micromachismos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/12/2019 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña elaborou un decálogo para fomentar unhas "festas en igualdade". O documento inclúe dez pautas parar axudar á sociedade a que tome conciencia sobre certos comportamentos e así evitar certos "micromachismos".

A deputada de Igualdade, María Muíño, presentou este martes en rolda de prensa a campaña 'Festas en Igualdadade', que inclúe este documento de dez puntos que o organismo provincial fará público a través da súa web e que tamén facilitará a organismos, asociacións e demais administracións.

"A idea é que se comparta e chegue a máis persoas", asegura Muíño sobre o documento que inclúe 10 pautas que, entre elas, destaca o bloque orientada a acabar cos comportamentos sexistas na crianza dos máis pequenos.

Así, por exemplo, ante as próximas datas do Nadal, o documento inclúe un punto que fai referencia á non existencia de xoguetes nin cores de nenos e nenas: "O xogo é libre", recolle este decálogo.

MANUAL LINGUAXE NON SEXISTA

"As festas son para que as gocen todas as persoas, se corresponsable nas tarefas familiares e colabora" é o primeiro punto deste decálogo, que tamén rexeita "as bromas machistas" e insta a ter unha "actitude activa" ante agresións sexistas.

O documento tamén insta a convivir "con dignidade e respecto ante as orientacións sexuais" e a incluír unha "linguaxe de xénero", entre outros aspectos.

Así mesmo a deputación presentou tamén unha actualización do manual 'Linguaxe non sexista'. Trátase dunha guía do organismo provincial, agora ampliada, dirixida tanto ao persoal desta institución como aos concellos da provincia coruñesa.

Cea de Nadal
Cea de Nadal | Fonte: culturacolectiva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta