Feijóo dá marcha atrás e acepta que as mulleres poidan parir en Verín

O presidente da Xunta asegurou que será "baixo a súa responsabilidade" e garantindo a seguridade, cuestión que "pasa por atopar pediatras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este martes que el non ten "inconveniente" en que as mulleres que desexen usar o paridoiro do Hospital de Verín o fagan "baixo a súa responsabilidade", pero advertiu que é preciso "garantir a seguridade" para os bebés e "iso pasa por atopar pediatras".

Cunha protesta ás portas do Parlamento galego en defensa da reactivación do paritorio, Feijóo reiterou a súa postura do pasado xoves, cando anunciou que se volveron convocar as dúas prazas de pediatría que quedaron desertas en xuño e que se analizaría a reactivación do servizo se se cubrían. Así o recomendaban os profesionais médicos da área ourensá.

"Se os veciños queren usar o paridoiro desde o punto de vista das súas decisións persoais, nós non temos inconveniente en que o fagan baixo a súa responsabilidade. Pero hai que garantir a seguridade e iso pasa por atopar pediatras", dixo Feijóo.

"Seguro que todos os que queren o paridoiro o queren completo con xinecólogos e matronas, que xa hai, pero tamén pediatras, que hai que contratar", aseverou, antes de insistir en que o seu Executivo non ten outros "intereses" máis que "garantir a vida" en Verín. Por iso, insistiu en que, se se logra contratar pediatras, se reactivará o paridoiro.

Feijóo comparece na área de goberno do Parlamento tras falar con Pedro Sánchez
Feijóo comparece na área de goberno do Parlamento tras falar con Pedro Sánchez | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Courelois

Feijoismo: chulo madrillego neoliberal sociopata.