Cal é o futuro do galego?... Unha ollada oficial a un idioma que morre paseniñamente

Organizacións a prol da lingua recolleron o aviso do Consello de Europa sobre a situación lingüística como unha proba da mala xestión sobre o galego e a RAG pon o aceno nas serias advertencias do informe. Mentres, a Xunta desacredita o estudo, defende o decreto do galego e di que non é o responsable da perda de falantes.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 17/12/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Consello de Europa falou o pasado día once de decembro. E as súas conclusións e, especialmente, as recomendacións, foron rotundas e moi duras contra a Xunta; o galego retrocede en falantes desde os primeiros anos de ensino e a situación empeora ano tras ano. Desde a administración autonómica considérase que o traballo dos expertos foi parcial, non estiveron en Galicia e iso, para a Secretaría Xeral de Política Lingüística réstalle valor ao emitido polo organismo europeo.

O galego segundo Castelao
O galego segundo Castelao | Fonte: cantoghalpon.com

A Mesa pola Normalización Lingüística considera que hai unha chamada de atención de Europa a Galicia e que, mesmo se poderían estar cuestionando algúns dereitos das persoas. Pola súa banda, a Real Academia Galega si fala de perda de galego-falantes e que o modelo educativo non encaixa para nada coas demandas da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

ENTREVISTA EN ASTURIAS

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, ve unha falta de base científica sólida que non ten en conta os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicados en setembro de 2019. “O documento do Consello de Europa di que perdemos galego-falantes, cando os datos do IGE de hai catro meses din o contrario, que hai un leve repunte” di García. Por outra parte, o responsable de Política Lingüística da Xunta, apunta un dato que para el é importante, “fixemos constar que non estabamos conformes con facer a entrevista (cos expertos do Consello de Europa) fóra de Galicia”.

A disconformidade viña dada por terse feito o encontro entre os responsables autonómicos galegos e os enviados  do Consello de Europa (CE) en Oviedo, Asturias. “Estas persoas que fixeron o informe nin estiveron en Galicia sequera” remarca García. Preguntado polos motivos do encontro en Asturias, o secretario xeral sinala que “non tiñan tempo, fixeron un percorrido dunha semana para coñecer o estado das linguas dentro de España”. Ademais disto, Valentín García sinala que “ só publicaron o informe en dúas linguas, francés e inglés, que son as linguas que manexan os organismos europeos”.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

A Mesa pola Normalización Lingüística tamén tivera o encontro cos enviados do CE en Oviedo. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, considera este punto algo menor. “O lugar onde se fai a entrevista non inflúe para nada, outras veces foi en Madrid”. Xunto con isto, Maceira destaca que tanto con Valentín García como coa Xunta, “o comité entrevistador comunicouse con eles por dobre vía, recabando información do Estado sobre o que fan sobre as linguas minoritarias, logo o comité visita ese estado para contrastar o que se fai”.

INFORME OU RECOMENDACIÓNS?

“O primeiro que debemos ter claro é que isto non é un informe do CE, é unha recomendación do Consello de Ministros do CE” sinala o secretario da Real Academia Galega (RAG) e profesor de sociolingüística, Henrique Monteagudo. O académico numerario da RAG sinala que o procedemento para un informe. “A Carta Europea das Linguas declara que hai un comité de expertos que se reúnen cada tres anos, parece que a partir de agora será cada cinco, e avalía in situ os compromisos que adquiriron os estados cando asinaron a Carta”.

Feito o traballo de terreo, os expertos envían o informe ao CE e este envía o informe aos estados respectivos. Os estados redactan o seu informe propio que logo pasan ao Comité de Ministros do CE. “A novidade é que sexa unha recomendación do Comité de Ministros” explica Monteagudo. Ditas recomendacións foron enviadas desde o máis alto nivel político e  que admite a Carta.

Sobre a comisión de expertos que realiza a avaliación, “está formada por representantes dos diferentes estados, no caso español o experto designado foi Fernando Ramallo profesor da Universidade de Vigo, coñecedor da situación social do galego”. A Mesa pola Normalización Lingüística entende que se trata dun informe, pois así o apunta na carta enviada a Sixto Molina, Alto Secretariado para a Carta das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, tamén consideran o documento como informe, sinalando Valentín García que “o informe non se dirixe á Xunta de Galicia, diríxese ao Estado español e ademais ponlle deberes ao goberno central”. Os “deberes” pasarían pola recomendación de galeguizar a administración estatal. García estima inasumible algo “como cambiar a lei Orgánica do Poder Xudicial, unha das leis básicas do Estado, e recomendan facelo antes de agosto de 2020”. A  galeguización de toda a administración sería a situación ideal,  “mais non podemos facer isto en oito meses, non se  pode pedir seriedade cando se fai un traballo dunha semana”.

A CARTA DAS LINGUAS E O DECRETO DE PLURILINGÜÍSMO

O Decreto de Plurilingüismo de 2010 instauraba un número semellante de cadeiras para o galego e o castelán no ensino primario e secundario. Xunto a isto introducíase o inglés para ser desenvolvido como lingua vehícular para outras cadeiras. “En ateriores documentos lemos que a introdución dunha terceira lingua non pode ir contra da lingua propia, non é unha referencia explícita mais todo apunta ao decreto plurilingüístico” sinala Marcos Maceira.

O presidente da Mesa tamén engade que dentro das deliberacións entre os expertos do CE, “chegaron á conclusión de que o decreto de plurilingüismo non concorda coa Carta, e desta vez o comité de ministros nomea Galicia e explicitamente a situación do galego no ensino”

Segundo Valentín García, as enquisas sobre o uso do galego que ofrece o IGE é que o problema está na falta de uso, non na capacitación para falar, comprender ou escribir. “Este problema é común a todas as linguas minoritarias, no noso caso o 86% dos mozos e mozas saben escribir en galego”. En referencia ao decreto de 2010, García di que “o decreto só regula o uso dentro dos centros educativos, onde estamos tendo as maiores porcentaxes de competencias da nosa historia, e as maiores de toda España”.

Para ratificarse no dito, Valentín García sinala que “así o recoñece a RAG, temos as maiores porcentaxes de coñecemento e uso do galego, temos o 52% que fala só galego ou máis galego que castelán”. “O decreto só regula que se dea a metade do ensino en castelán e metade en galego e que saian coas mesmas competencias nos dous idiomas” finaliza García.

Realmente está o decreto plurinlingüístico detrás da perda de falantes? “Creo que é unha hipótese plausible,mais dicilo de forma categórica, necesitaría unha investigación a fondo” di Henrique Monteagudo. Non obstante, o membro da RAG destaca que si está claro que “o modelo do decreto non encaixa nos compromisos que España recolleu cando ratificou a Carta, iso está clarísimo”.

Monteagudo destaca directamente o punto en que se recollen recomendacións de “remover os obstáculos lingüísticos”. A situación anterior ao decreto de 2010 non era mellor, segundo o profesor da USC, “apreciábase que non se cumpría (a Carta) mais se camiñaba cara un sentido positivo”. Foi a partir de 2010 cando a situación sería a contraria, “esa sería a percepción detrás das recomendacións ”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 Gamela

Cada vez que se fala de EXPERTOS da UVIGO non sei por que penso sempre nun experto chamado Anxo Lorenzo (?) https://www.uvigo.gal/universidade/...

2 Galeguiña

Salvando as distancias e o contexto, a viñeta da nova é unha mostra de desprezo hacia os galegos que non falan a língua rexional. O mesmo estereotipo, o mesmo discurso racista e supremacista que empregan Torra e moitos independentistas cataláns para humillar aos cataláns que non pensan coma eles. Poiis semella que tamén hai galegos que pensan así en relación a aqueles concidadáns que teñen ao español como língua propia. Puro fascismo.

1 Xian do Sil

Totalmente de acuerdo. Comparar a los gallegos castellanohablantes con los perros es una muestra del racismo absoluto de Castelao y que descalifica totalmente a este lamentable personaje.

2 Canidae

É verdade. É um insulto para os pobres caẽs, os quais têm mais dignidade do que a espanholada. Um cão nunca cuspiria nos seus ancestrais.

3 Enxebre

Lembrase tamen de expresions como: no me hable gallego q pareces montuno... Espero q teña a mesma bara de medir para esto ditos tan extendido e dilatados no tempo

4 Riuriu

Canidae: es a mellor promoción para Vox en Galicia. Lémbroche que sen sedes, apoios nos medios do comunicación galegos nin líderes locais coñecidos, estivo a piques de quitarlle o escano ao teu BNG en Coruña.

5 Canidae

Queres dizer que não podemos dizer a verdade por medo a VOX? Os galegos que falam castelhano são covardes sem dignidade. Apenas assim é que se pode explicar a traição aos nossos ancestrais. E VOX já leva séculos a governar na Espanha. É o que merecemos. O bom deste novo VOX é que vai fender Espanha em cem mil pedaços. Assim que deixa-os vir. Eu pessoalmente vou votar por eles (desde o extrangeiro ;)).

6 Denís L.

Non entendeu nada, señora.

7 uu1

Para galeguiña. Puro fascismo e afirmar que na Espanha há um só idioma (para mais inri, ainda lhe chama espanhol), não cumprindo a constituição que reconhece que há vários idiomas. Claro que ao melhor seu comentário vai para aqueles que falam inglês, francês ou chinês!! “Diga-me do que presume e direi lhe do que carece”, que é um refrão moi espanhol totalmente aplicável a você, mais tem solução, viajar um pouquinho pelo mundo para aprender a ser tolerante e saber apreciar a variedade, e um muito de educação

1 marearperdices

Queren erosionar ao PP e dar forza a Vox implantando o modelo catalán de inmersión. O demáis son contos.