Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 20:47
Un particular que paseaba por unha zona montañosa localizou na tarde deste martes o corpo dun home na localidade coruñesa de Camariñas.
Segundo a información do 112, o particular chamou a Emerxencias sobre as 18,00 horas para informar de que localizara o corpo sen vida dun home nunha zona montañosa próxima á estrada que une Ponte do Porto con Arou, no alto do Cadaval.
Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, que confirmaron que o home estaba falecido. Así mesmo, acudiron axentes da Garda Civil, que investigan agora as circunstancias do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.