Rescatan ao único tripulante dunha embarcación envorcada na Ría de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

O único tripulante dunha embarcación envorcada na Ría de Ferrol foi rescatado na mañá deste mércores "en boas condicións" de saúde, informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo.

Segundo relatou Salvamento Marítimo, ás 8,14 horas o Centro de Salvamento da Coruña recibiu o aviso dun particular de que ouvía berros de auxilio na Ría de Ferrol á altura da praia de Caranza.

Por iso, mobilizouse unha embarcación de prácticos que rescatou ao único tripulante que se atopaba sobre a quilla da embarcación envorcada.

O náufrago foi trasladado ata o Club Náutico de Ferrol, confirmaron as mesmas fontes, que concretaron que o patrulleira 'Río Andarax' da Garda Civil acudiu á zona a facerse cargo da embarcación sinistrada.

Embarcación Alioth de Salvamar
Embarcación Alioth de Salvamar | Fonte: Salvamento Marítimo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta