Primeiro traslado a Ourense dunha embaraza de Verín para dar a luz

A exploración vaxinal demostrou que a muller non estaba en fase activa de parto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O Servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín atendeu este martes, ao redor das 20,30 horas, á primeira xestante trasladada desde esta localidade ao Complexo Hospitalario de Ourense para dar a luz, tras a decisión do peche do paridoiro no centro comarcal e de acordo coas ordes recibidas por parte da Consellería de Sanidade.

Segundo explicaron a Europa Press fontes sanitarias do Hospital de Verín, a muller "rompera augas" pero "a exploración vaxinal demostraba que non estaba en fase activa de parto", polo que se acordou o seu traslado ao Hospital de Ourense, a uns 70 quilómetros de distancia.

O traslado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) realizouse nunha ambulancia e a muller foi acompañada por unha enfermeira. Segundo as fontes consultadas, durante a mañá deste mércores a muller aínda non dera a luz.

Hospital de Verín.
Hospital de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta