Galicia é a cuarta autonomía coa peor taxa de actividade entre persoas con discapacidade

Sitúase máis de catro puntos por baixo da media estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Galicia contaba no ano 2018 con 128.300 persoas con discapacidade en idade de traballar (de 16 a 64 anos), segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, situouse como a cuarta comunidade coa peor taxa de actividade deste colectivo, cun 29,9%, máis de catro puntos por baixo da media estatal (34,5%). Canarias ten o peor rexistro (27,4%). No outro extremo está Madrid (42,3%).

Persoa discapacitada traballando grazas ao programa Incorpora
Persoa discapacitada traballando grazas ao programa Incorpora | Fonte: La Caixa

A nivel estatal, unha de cada catro persoas con discapacidade activas estaba en paro en 2018, 10 puntos máis que o resto de traballadores. No ano 2018, había 1.899.800 persoas con discapacidade en idade de traballar (de 16 a 64 anos), o que supuxo o 6,3% da poboación total en idade laboral.

Desta cifra, 654.600 eran activos. Dentro desta poboación activa con discapacidade observouse maior porcentaxe de homes, máis peso do grupo de 45 a 64 anos e menor representación de persoas con estudos superiores que nos activos sen discapacidade.

Para a poboación ocupada con discapacidade (489.500 persoas en 2018) observáronse as mesmas diferenzas en canto a sexo, idade e nivel educativo que as sinaladas para os activos en comparación cos ocupados sen discapacidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta