A Xunta insta o Goberno central e a Endesa a garantir a "viabilidade" da térmica das Pontes

Pide para a comarca de Ferrolterra "unha resposta contundente para darlle viabilidade a esta planta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, instou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e a Endesa a "dar respostas" para que a comarca de Ferrolterra "teña unha resposta contundente para darlle viabilidade a esta planta".

Concentración de traballadores de auxiliares de Endesa As Pontes.
Concentración de traballadores de auxiliares de Endesa As Pontes.

O conselleiro pronunciouse deste xeito en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PP José Manuel Rey Varela durante o pleno da Cámara, no que criticou a "falta de concreción" sobre a central das Pontes mostrada polo presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, na súa "conversa" telefónica co titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa intervención, Francisco Conde asegurou que "Galicia non conta cos mecanismos que ten o Goberno para garantir os fondos necesarios". "Por iso necesitamos que o Goberno e a empresa se impliquen", manifestou nunha intervención na que sostivo que Galicia "quere ser aínda máis verde" pero "iso debe ser compatible cunha transición enerxética xusta", "na que se garantan os postos de traballo.

E é que, conforme subliñou, a Xunta "non defende o mantemento do carbón, o que defende son ás familias que hoxe dependen desas tecnoloxías", apuntou. "Por iso en Galicia estamos sensibilizados, facendo os deberes, e esperamos que haxa unha resposta política por parte do PSOE e parte da Comisión Europea", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta