O tempo medio de tramitación de expedientes de dependencia é de 342 días en Galicia

No resto do Estado, os expedientes non son resoltos ata 426 días despois de presentar a solicitude, segundo manifestan os datos estatísticos de Sisaad.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os expedientes en materia de depedencia tardan unha media de 342 días en ser tramitados en Galicia, a novena comunidade que máis tempo tarda de toda España, un período que se encadra por baixo da media estatal.

No resto do territorio, os expedientes non son resoltos ata 426 días despois de presentar a solicitude, segundo manifestan os datos estatísticos de Sisaad (recollidos polo Observatorio Estatal para a Dependencia). "Estes datos explican que a pesar do incremento paulatino do número de atendidos nos últimos dous anos, o ritmo é claramente insuficiente para atender as demandas de valoracioens e atencións", explica o informe.

A 30 de novembro, en Galicia exisitían 8.728 casos pendentes de resolución, e 410 expedientes pendentes de valoración, é dicir, un total de 9.138 casos á espera dalgún trámite. Ademais, estes datos tamén mostran que o 12,4% das persoas que teñen dereito a esta atención á dependencia se atopan desatendidas, esperando por algún trámite que os mantén nun limbo.

CONXUNTO ESTATAL

No resto do Estado, a pesar de que a media se sitúa en 426 días, as comunidades máis afectadas coas de Canarias (785), Estremadura (675), Andalucía (621) ou Cataluña (576). Xusto no extremo contrario, se encuetran Ceuta (70), País Vasco (137), Navarra (155), Melilla (170) ou Castela e León (199).

O estudo tamén apunta a que ata novembro de 2019 se incrementou o numero de persoas en espera de valoracion de grao de dependencia e en espera de atención de servizos ou prestacións ata chegar ás 423.000 persoas en todo o territorio estatal. Máis da metade de todos eles son andaluces (123.000) e cataláns (103.000). Os motivos que poderían explicar os atrasos, van desde "os sucesivos recortes" ata "o disparatado e proceloso armazón burocrático".

Ademais, o comunicado da Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais precisou que as prestacións e os servizos que se ofrecen en materia de dependencia "son moi mellorables".

MOITO POR FACER

Neste sentido, destacaron que "queda moitísimo por facer" para mellorar a intensidade e a personalizacion dos coidados con paquetes "moito máis flexibles, áxiles, adaptables ás necesidades reais das persoas e compatibles entre si".

De feito critican que todo isto resulta "especialmente doloroso" cando hai persoas con dereito efectivo a estas perstaciones que "falecen antes de percibilas". Segundo os seus datos, estiman que en 2019 esta situación afectará a preto de 31.000 persoas, 85 falecementos diarios.

Mapa da lista de espera do teimpo medio que tarda en tramitarse un expediente en dependencia. DIRECTORES E GENRES EN SERVIZOS SOCIAIS
Mapa da lista de espera do teimpo medio que tarda en tramitarse un expediente en dependencia. DIRECTORES E GENRES EN SERVIZOS SOCIAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta