No 2018 editáronse 1.144 títulos en galego no conxunto do Estado

Un 79,5% editouse en Galicia, un 10,8% en Comunidade de Madrid e un 4,3% en Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/12/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

En Galicia editáronse 1.998 títulos en 2018, o que supón un 6,7% máis que no ano anterior, segundo fixo público este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) respecto ao informe da 'Produción Editorial de Libros'. Nesta autonomía, houbo 896 libros editados en castelán e outros 793 noutra lingua oficial. A nivel estatal, houbo un total de 1.144 títulos editados en galego.

Das publicacións en galego, un 79,5% editouse en Galicia, un 10,8% en Comunidade de Madrid e un 4,3% en Cataluña. No caso concreto dos títulos en eúscaro observouse unha maior proporción de libros infantís e xuvenís que no resto de linguas oficiais (representaron o 42,5% da edición total en eúscaro).

A continuación, situáronse os títulos en catalán (29,0%) e galego (25,7%). Por linguas oficiais, a maior proporción de libros de texto deuse nos títulos en eúscaro (co 22,2% do total da edición nesa lingua), galego (19,2%) e valenciano (15,5%).

DATOS ESTATAIS

En todo o Estado, durante o ano 2018 depositáronse na Biblioteca Nacional 62.180 títulos editados en España, un 3,3% máis que o ano anterior. Deles, o 81,9% foron libros e os 18,1% folletos.

Do total de títulos editados, o 94,8% corresponderon a primeiras edicións e o 5,2% a reedicións. O tema máis editado en 2018 foi Literatura (co 40,8% do total de títulos e un aumento do 4,6% respecto ao ano anterior). Seguíronlle Ciencias Sociais (co 14,0% do total e unha subida anual do 0,7%) e Ciencias Aplicadas (co 12,2% do total e un aumento do 4,1% respecto de 2017).

Produción editorial de Libros en Galicia. EPDATA
Produción editorial de Libros en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta