A futura lei de museos quere potenciar a "coordinación" entre centros

Aprobarase na Cámara no primeiro semestre de 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A "nova" e "pioneira" lei galega de museos recibiu este xoves luz verde do Executivo autonómico e será remitida ao Parlamento, onde será tramitada e, segundo avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibirá a aprobación definitiva antes de que finalice o primeiro semestre de 2020.

Feijóo e o titular da carteira autonómica de Cultura, Román Rodríguez, deron os detalles desta norma que aspira a dar seguridade xurídica ao definir cada unha das tipoloxías que integran o concepto "xenérico" de centro museístico e dentro das cales se engadirá unha nova categoría, a de centros de interpretación do patrimonio cultural.

Ademais, establecerá o Sistema Galego de Centros Museísticos, co fin de potenciar a "coordinación", así como mellorar a organización e o funcionamento das institucións que o integren e facilitará a creación de redes de centros museísticos para a cooperación no aproveitamento dos medios dos que dispoñen.Tamén se adoptará un rexistro xeral de centros museísticos.

O conselleiro de Cultura ratificou o "compromiso" da Xunta cos museos da comunidade e remarcou que o Sistema Galego de Centros Museísticos organizará "de forma eficiente" a xestión cultural e científica dos centros "respectando a súa autonomía".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugura o Museo da Ciencia do. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugura o Museo da Ciencia do. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta