O intento dunha pasaxeira de volver ao avión dispara unha alerta e obriga a pechar media hora o aeroporto de Alvedro

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 19/12/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O intento dunha pasaxeira de regresar ao avión por unha vía prohibida disparou no mediodía deste xoves unha alerta de seguridade no Aeroporto de Alvedro, na Coruña, e obrigou a pechar durante media hora a sala de embarque e desembarque.

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Segundo a información que facilitou Aena, o suceso ocorreu sobre as 13,30 horas deste xoves, cando unha pasaxeira dun voo que acababa de aterrar se decatou, tras os corredores 'anti retorno', de que se esqueceu unha pertenza no interior do avión.

Nese momento, aproveitando o fluxo de saída, introduciuse por estes corredores para regresar á zona de embarque. Ao facer o paso no sentido contrario, activáronse as alarmas de seguridade e a Garda Civil tivo que activar o protocolo e desaloxar a sala de embarque.

Unha vez identificada a pasaxeira e aplicados os protocolos de seguridade, o aeroporto volveu á normalidade. O peche da área de embarque e desembarque, que se prolongou durante media hora, afectou a dous voos que se atopaban neste proceso, informa Aena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta