Extremoduro inclúe Santiago na súa xira de despedida

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/12/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Apenas corenta horas despois de anunciar a súa separación, Extremoduro confirma este xoves unha xira de despedida que visitará oito cidades, entre elas Santiago de Compostela.

Extremoduro
Extremoduro | Fonte: Ruben Ortega - Wikipedia.

En concreto, as citas serán en Valencia (15 e 16 de maio), Murcia (22 e 23 de maio), Sevilla (30 de maio), Madrid (5 e 6 de xuño), Santiago de Compostela (13 de xuño, Monte do Gozo), Cáceres (20 de xuño), Barcelona (26 e 27 de xuño) e Bilbao (18 de xullo).

Extremoduro porá fin a 33 anos de andaina musical desde que Robe Iniesta fundase a banda en Plasencia en 1987. Desde entón ata hoxe, convertéronse en nome máis que destacado da historia non xa do rock, senón da música española.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta