Os técnicos do Concello de Santiago avalían a zona onde caeu o muro para decidir medidas que deberían tomarse

Os técnicos do Concello de Santiago atópanse avaliando a situación do muro que caeu a noite deste xoves sobre un home que morreu no derrube.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Os técnicos do Concello de Santiago atópanse avaliando a situación do muro que caeu a noite deste xoves sobre un home que morreu no derrube.

Na mañá deste venres os técnicos e arquitectos da casa consistorial decidiron avaliar as medidas que se deben tomar para asegurar a zona e evitar que volvan suceder este tipo de incidentes.

Fontes do Concello confirmaron a Europa Press que o home falecido tiña 80 anos e vivía só na Rúa de Teo. Era orixinal de Ortigueira pero levaba toda a vía traballando na capital galega, de onde era veciño.

Por todo o ocorrido, o Goberno local decidiu suspender todas as actividades de celebración relacionadas co Nadal e durante esta mañá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dará unha rolda de prensa.

Mentres tanto, os técnicos seguirán sopesando que facer co muro, pero de momento atópase valado e non se pode acceder. A zona está xa limpa e sen os restos do muro caído.

Zona do Parque de Bonaval onde caeu o muro que matou a un veciño
Zona do Parque de Bonaval onde caeu o muro que matou a un veciño | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta