Marcha Elsa e chega Fabien con ventos de máis de 130 Km e ondas de nove metros

Galicia estará en alerta este sábado por ondada e forte vento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A borrasca Elsa deixa paso á borrasca Fabien, unha fronte que pasará polo litoral Cantábrico e que debido á proximidade das súas isobaras provocará ventos de forza nove e dez en Galicia.

Estes ventos serán de entre 90 e 130 quilómetros por hora no sector norte, que é o máis afectado. Pola súa banda a altura das ondas irá aumentando a medida que avanza a tarde e a partir das 18,00 horas rexistraranse ondas de ata 9 metros.

Vento e ondada en Valdoviño. EUROPA PRESS - Arquivo
Vento e ondada en Valdoviño. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press


O domingo irase recuperando a normalidade das condicións meteorolóxicas, con todo permanecerá activa a alerta amarela por vento en toda a Comunidade de 09,00 horas a 15,00 horas. Aos poucos esta situación irá remitindo, aínda que no mar seguirá sendo moi complicada.

FORTES VENTOS

Por iso, toda Galicia estará en alerta vermella este sábado por fortes refachos de vento no mar e perigo de ondada en todo o litoral. De feito, este venres está activada a alerta laranxa, pero será o sábado cando se eleve o nivel a alerta vermella na costa e laranxa en terra.


Así, os niveis de perigo no mar situaranse no máximo nivel e na superficie terrestre os refachos de vento serán máis persistentes que os días anteriores. O período de maior perigo no territorio galego concentrarase entre as 12,00 horas da mañá e as 21,00 horas da noite, confirmaron fontes de Meteogalicia a Europa Press.

No mar, A Costa da Morte, a zona Coruña Noroeste, Litoral A Coruña, Litoral Pontevedra e A Mariña Luguesa sufrirán fortes ventos e ondada de forma máis persistente desde as 15,00 horas.

As Rías Baixas será a única área costeira que sufrirá con menor intensidade os efectos deste temporal que leva toda a semana azoutando o país. As mesmas fontes apuntaron que a pesar de que existe tamén alertas por precipitacións, sobre todo no interior da provincia de Pontevedra, a máis importante é a que afecta o comportamento dos ventos.

BORRASCA FABIEN

A borrasca Elsa deixa paso á borrasca Fabien, unha fronte que pasará polo litoral Cantábrico e que debido á proximidade das súas isobaras provocará ventos de forza nove e dez en Galicia.

Estes ventos serán de entre 90 e 130 quilómetros por hora no sector norte, que é o máis afectado. Pola súa banda a altura das ondas irá aumentando a medida que avanza a tarde e a partir das 18,00 horas rexistraranse ondas de ata 9 metros.

O domingo irase recuperando a normalidade das condicións meteorolóxicas, con todo permanecerá activa a alerta amarela por vento en toda a Comunidade de 09,00 horas a 15,00 horas. Aos poucos esta situación irá remitindo, aínda que no mar seguirá sendo moi complicada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta