A Deputación da Coruña aproba un investimento de 17,1 millóns para mellora de infraestruturas

Por E.P. | A CORUÑA | 20/12/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña aprobou, por unanimidade de todas as forzas políticas, a última achega do Plan Único deste ano por un importe total de 17,1 millóns de euros, dos que 16.245.962 corresponden a fondos provinciais e 908.460 serán achegados polos concellos.

Xunto coa achega aprobada, a Deputación da Coruña puxo en total a disposición dos concellos coruñeses durante 2019 un total de 100.484.818 euros. Agora, un total de 83 concellos beneficiaranse desta achega adicional do Plan, que permitirá executar 158 obras de mellora de infraestruturas municipais.

Pavimentacións de camiños e núcleos rurais, obras de saneamento e abastecemento de auga, dotación de mobiliario urbano, creación de parques públicos e infantís ou a creación de infraestruturas deportivas son algunhas das obras que se realizarán nos concellos co apoio do Plan Único.

Ademais, o pleno tamén deu luz verde a investimentos por importe de case 1,1 millóns de euros para a mellora de estradas en Oleiros e Carballo.

Pleno da Deputación. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno da Deputación. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta