O BNG defende integrarse no Grupo Plural no Congreso porque permitirá "defender mellor Galicia"

Comparte este grupo con Junts per Catalunya (JxCat), Más País-Equo, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o Grupo Plural --composto por 15 deputados de diferentes formacións, entre eles Néstor Rego (Bloque)-- "cumpre a machada os requisitos" para recibir o visto e prace da Mesa do Congreso.

"Non hai lugar a que non o poidan aprobar", manifestou este venres Ana Pontón a preguntas dos medios nunha rolda de prensa celebrada na Cámara galega. A continuación, incidiu en que a decisión de configurar un grupo "instrumental" con outras formacións fóra do mixto radica en gozar de maior operatividade na acción parlamentaria, ademais de posuir máis recursos económicos, e así "defender de mellor forma Galicia".

Junts per Catalunya (JxCat), Más País-Equo, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), o Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe acordaron o pasado xoves rexistrarse como Grupo Parlamentario Plural no Congreso e así poder alixeirar o Grupo Mixto.

Ao cumprir o mínimo de 15 deputados que establece o Regulamento para a formación dun grupo parlamentario, os asinantes esperan que a Mesa do Congreso autorice a súa constitución na reunión que celebrará o vindeiro luns.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Mesa, Marcos Maceiras, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Mesa, Marcos Maceiras, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 El Ciz

Haberá que votar PP,VOX,IU,SOE ou CS para ter voz no Congreso. Teño esta certeza despois de 40 anos de votacións, manteño esta esperanza e a fago explicita recollendo o sentir latente e reprimido no discurso dalgunhas intervencions neste fio.

3 Gamela

Sen comentarios... "configurar un grupo INSTRUMENTAL con outras formacións" (manda carallo, o que non fixeron na casa vano facer fóra...!) Pero bueno a ninguén pode estrañar a estas alturas o BNG pasou de alianzas coa DEREITA (de misa y olla) PNV - CIU a ir polo mundo adiante da man da ESQUERDA (de pandereta) EH-Bildu - ERC (?) Cando falemos de Néstor Rego sería ben poñer en parénteses (UPG) así estes "pactos contra natura" irían directamente ao lombo dos seus responsables: "denantes mortos que escravos" (?)

2 Bernal Calvo Delaciga

Botaron 5 anos montándolle o pollo aos da Marea por formar grupo cos de Podemos e cos Comúns, e agora estes métense nun grupo con todo canto restroballo queda, dende os restos do pujolismo até Errejón, que é a cabeza visíbel do único españolismo que había en todo o movemento podemita. Moito papo teñen estes blocallos!

1 Bernal Calvo Decomisiones

Claro porque dixérades que queríades formar grupo propio e nin a solicitude presentastes ao final, así vos foi, de 6 a 2 en menos dunha lexislatura e baixando. Ti querías que o BNG só puidese falar 23,4 segundos eh pillabán?

2 Néstor (falta de) Rego

Bernal Calvo, mintes. O grupo dos 6 deputados galegos (algo que o BNG non vai conseguir nunca) solicitou por activa e por pasiva o recoñecemento do grupo propio. Na mesa do Congreso houbo unha alianza PP-Ciudanos-PSOE para evitalo. Toda unha aldraxe a 408.000 votantes galegos. Que fixéchedes os resentidos do BNG? O que se agardaba de vós: atacar á vítima.

1 Roxalia

Dereita nacionalista catalá, dereita nacionalista canaria, neoperonismo español, rexionalismos cántabro e valenciano, provincialismo turolense e polo medio, perdido, o BNG. Hai que ter pouca vergoña.

1 Calvo sen pucha

Acouga que pronto vai volver ao mixto con Navarra Suma PP Cs onde non dis nada