Temas: DEREITOS CCOO

CCOO denuncia "os despedimentos por enfermar" e a sentenza do Constitucional que o "avala"

Máis dun cento de representantes sindicais e de traballadores participaron nunha concentración convocada, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Máis dun cento de representantes sindicais e de traballadores participaron nunha concentración convocada, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por CCOO contra "os despedimentos por enfermar" e a sentenza do Tribunal Constitucional que o "avala".

Protesta de CCOO contra os despedimentos por enfermar
Protesta de CCOO contra os despedimentos por enfermar | Fonte: Europa Press

Na protesta, segundo informa a central, o secretario xeral de CCOO da Coruña, Cristóbal González, anunciou que convocarán novas protestas "ante a empresa que pretenda aproveitarse desta situación e realice despedimentos sobre xente enferma".

Ademais, expuxo que o obxectivo é "sensibilizar a cidadanía sobre a actitude das empresas que proceden así". A estas, esixiulles tamén que "se preocupen de ofrecer os mellores servizos e produtos, pero non á conta da saúde, a perda de emprego e os dereitos das persoas que enferman".

Ademais de persoas despedidas por este motivo, acudiu Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida, que culpou desta situación "á reforma laboral do PP no ano 2012" e á posterior sentenza do Tribunal Constiucional "que avala este artigo do Estatuto dos Traballadores que foi modificado polo PP", apostilou.

Temas: DEREITOS CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta