Os transportistas de Endesa paran as súas protestas despois de máis de cen días de peches

Retomaranse o 7 de xaneiro pero só nas Pontes, suspendendo o de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Os transportistas encargados de levar o carbón desde o porto exterior de Ferrol ata As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), para a central térmica de Endesa, suspenderon os peches que iniciaran o pasado 9 de setembro e que duraron 102 días. Así o decidiu este colectivo, agrupado na Asociación do Colectivo de Transportistas do Carbón (ACTC), nunha asemblea celebrada este xoves nas Pontes.

Durante a mesma, segundo apuntaron algúns deles a Europa Press, realizouse un balance desta medida de protesta, decidíndose durante a mesma pór fin de maneira temporal aos peches que están a protagonizar estes camioneiros no salón de plenos das Pontes e no salón de recepcións de Ferrol.

Ademais, aprobaron retomar este peche a partir do 7 de xaneiro, unha vez finalizado o período do Nadal, para permitir que este colectivo poida estar coas súas familias durante unhas datas tan sinaladas.

OUTRAS ACCIÓNS

De todos os xeitos, este peche retomarase, segundo decidiron, só no Concello das Pontes, levantando así o de Ferrol, que estaba a ser desenvolvido polos profesionais da estrada cuxos domicilios se atopaban neste municipio e nos máis próximos.

O pasado martes, 17 de decembro, cumpriron cen días de peche, unha medida de protesta que secundaron con outras, como cortes puntuais de estradas ou unha marcha a pé para reclamar unha transición xusta.

Os traballadores transportistas de Endesa levan máis de 100 días encerrados como símbolo de protesta
Os traballadores transportistas de Endesa levan máis de 100 días encerrados como símbolo de protesta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta