Desviado a Santiago un voo que cubría a ruta entre Madrid e Nova York por unha emerxencia médica

O pasaxeiro foi desembarcado para ser atendido en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Un voo de Air Europa que cubría a ruta entre Madrid e Nova York tivo que ser desviado a Santiago de Compostela este venres por mor dunha emerxencia médica decretada a bordo.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, os feitos ocorreron na tarde deste venres, cando o avión notificou que tiña unha emerxencia médica a bordo.

Por ese motivo, o voo foi desviado ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, onde aterrou para que o pasaxeiro puidese ser asistido por persoal médico.

Aeroporto De Santiago de Compostela
Aeroporto De Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta