A nova fachada marítima ou a Cuarta Rolda, prioridades para o Executivo socialista da Coruña

Así o confirmou a alcaldesa nunha recepción ante 500 veciños.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/12/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixou como alicerces do actual mandato proxectos como a nova fachada marítima e a Cuarta Rolda, aos que sumou tamén a Cidade das TIC ou o novo complexo hospitalario.

Fíxoo na tradicional recepción institucional que organiza o Concello da Coruña con motivo das festas do Nadal e ante uns 500 veciños e veciñas. Na súa intervención, apelou ao diálogo para a execución dos proxectos pendentes na cidade. Del, dixo que "non era un slogan, senón un deber, que espero que todas as institucións estean dispostas a asumir".

Rey, que agradeceu a disposición das formacións políticas a chegar a acordos, argumentou tamén que nestes seis meses de mandato "incrementouse o número de órganos de participación e representación da cidadanía e dos colectivos en que se integra", dixo á vez que anunciou a creación de dous novos consellos para atender demandas sociais e deportivas.

No seu discurso, aludiu tamén a un modelo propio de gobernabilidade como o "municipalismo social" que debe adaptarse aos tempos, pero que "consegue milagres como que no Castrillón dispoñan dunha biblioteca mellor ou que en Monte Alto conten con museos científicos de primerísima liña", sentenciou.

Recepción institucional no Concello da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA
Recepción institucional no Concello da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta