Temas: CHUVIA AUGA MIñO

O Miño, en valores históricos e en nivel de alerta en Ourense

Alcanzou os 3.366 metros cúbicos de auga por segundo, a cifra máis alta desde o mes de decembro de 2000.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/12/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O río Miño alcanzou este venres valores históricos ao seu paso tanto pola cidade de Ourense como por Lugo e atópase en nivel de alerta, segundo os datos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Un parque queda alagado debido ao desbordamento do río Miño como consecuencia das intensas choivas caidas nos ultimos dous meses e especialmente os ultimos dias, en Begonte, comarca de Terra Chaira
Un parque queda alagado debido ao desbordamento do río Miño como consecuencia das intensas choivas caidas nos ultimos dous meses e especialmente os ultimos dias, en Begonte, comarca de Terra Chaira | Fonte: Europa Press

A situación máis complexa vívese, no entanto, en Ourense, onde está activado o nivel de alerta máis alto tras alcanzar os 3.366 metros cúbicos de auga por segundo, a cifra máis alta desde o mes de decembro de 2000, hai 19 anos. Con iso, o nivel da auga chegou aos nove metros.

Do mesmo xeito, o Miño tamén rexistrou este venres o seu caudal máis alto do outono na cidade de Lugo, onde alcanzou os 574 metros cúbicos por segundo e un nivel de 3,41 metros. Neste punto está activado o nivel de vixilancia.

Na mesma demarcación está tamén no máximo nivel de alerta o río Neira ao seu paso polo Páramo, cun nivel de auga de 2,37 metros, e en prealerta o Sil no Barco (Ourense), por onde transita con 9,68 metros de auga.

Temas: CHUVIA AUGA MIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta