Feijóo insta á poboación de risco a vacinarse da gripe para minimizar a incidencia da enfermidade

O presidente da Xunta acudiu este venres a vacinarse no centro médico de San Caetano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu este venres a vacinarse da gripe no centro médico de San Caetano, dentro da campaña de vacinación que está a levar a cabo o Sergas, unha acción coa que aproveitou para facer un chamamento á poboación de risco a que se vacine para lograr minimizar a incidencia desta enfermidade.

Feijóo vacínase da gripe non centro médico de San Caetano
Feijóo vacínase da gripe non centro médico de San Caetano | Fonte: Europa Press

Segundo explicou a Xunta, os galegos que aínda non se vacinaron poden facelo ata o 27 de decembro, data na que remata a campaña, nos ao redor dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda o país, entre os que destacan centros de saúde e hospitais da rede Sergas ou residencias da terceira idade.

A Consellería de Sanidade recomenda a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos, aos residentes en institucións pechadas de calquera idade, ás mulleres embarazadas e a aquelas persoas con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Tamén, desde este mesmo ano, o Sergas inclúe como poboación obxectivo os nenos de entre seis meses e dous anos de idade que nazan prematuros.

Do mesmo xeito, ínstase a recibir a vacina a aquelas persoas que, por razóns de convivencia ou laborais, poden transmitir a gripe a persoas incluídas nos colectivos de risco e a profesionais que desenvolven servizos esenciais á comunidade.

Ata o momento xa son máis de 587.000 os galegos que se vacinaron, 34.670 máis que na mesma data do ano pasado, na que había rexistradas 552.311 persoas. Durante a pasada campaña do ano 2018 administráronse un total de 567.408 dose.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta