O BNG insta a Comisión Europea a garantir o uso e preservación do galego

Ana Miranda quere saber se a institución da Unión Europea coñece "o menosprezo de Feijóo a este informe" e o "incumprimento por parte o Goberno galego" ás medidas que teñen que ver con preservar o idioma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, trasladou unha pregunta á Comisión Europea sobre como o órgano vai garantir que se cumpran os dereitos lingüísticos de Galicia e o seu apoio, despois de que se publicase o informe do comité de expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Neste quinto informe, a Comisión Europea advirte sobre "a grave situación que atravesa a lingua galega", explica Miranda. Por este motivo, a nacionalista quere saber se a institución da Unión Europea coñece "o menosprezo de Feijóo a este informe" e o "incumprimento por parte o Goberno galego" ás medidas que teñen que ver con preservar o idioma.

"Pouco lle importa" á Xunta de Galicia, dirixida por Alberto Núñez Feijóo, "a nosa lingua", lamenta a eurodeputada. A perda de galegofalantes é unha das denuncias constantes da Plataforma Queremos Galego e por iso o Bloque non quere que a Carta Europea sobre as linguas minoritarias "sexa papel mollado".

Ao mesmo tempo lembrou que o Estado español asinou en 2001 este documento, que ten o obxectivo de garantir a normalidade das linguas minorizadas e garantir o uso pleno do galego nos territorios nos que é oficial e está protexido polo Estatuto, como na sanidade, educación, xustiza, administración, relacións sociais e económicas, cultura e relacións transfronteirizas.

Ana Miranda (BNG). REMITIDA - Arquivo
Ana Miranda (BNG). REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta