O marisco cóase nos menús de Nadal do CHUAC

O Hospital da Coruña contará con máis de 500 profesionais sanitarios que farán gardas nestes centros para velar polo estado dos pacientes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Os máis de 2.000 pacientes que se atopan ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) recibirán menús especiais nas noites do 24 e 31 de decembro, unhas das datas máis importantes do ano.

Así, na cea de noiteboa poderán elixir entre salpicón de marisco ou crema de lagostinos de primeiro prato e, de segundo, as opcións son entrecot ao queixo de ulloa ou rape á molinera, acompañados de guarnición de verduras tenras ou patacas ao vapor.

Por outra banda, o día 31 de decembro o menú terá tamén dúas opcións e segundo a área Sanitaria da Coruña e Cee, ofrecerase un cóctel de lagostinos ou unha crema raíña que continuará cun rodaballo á prancha ou tournedós á grella.

Ambos os días a sobremesa serán doces do Nadal e o último día do ano, ademais, as 12 uvas da sorte para recibir o 2020. Para todo isto, moitas outras persoas estarán a traballar esas noites e o CHUAC contará con máis de 500 profesionais sanitarios que farán gardas nestes centros para velar polo estado dos pacientes.

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta