Ingresa en prisión un ferrolán acusado de estafa e roubo que tentou atropelar a Garda Civil

Cónstanlle 16 ordenes de procura e detención e seis ordes de investigación de paradoiro e domicilio en vigor.

Por E.P. | Ferrol | 21/12/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Un veciño de Ferrol con numerosos antecedentes e ordes de procura ingresou en prisión tras ser detido nun operativo acusado de estafa e roubo e despois de que tentase atropelar os axentes da Garda Civil que trataban de detelo.

Segundo informou o corpo, o operativo arrincou o pasado mes de xullo, cando a Garda Civil recibiu tres denuncias por sustración de vehículos. Segundo informaron as vítimas, un home contactara con eles a efectos de comprarlles un vehículo de segunda man.

Tras acordar o importe de compra, o home achegaba unha documentación falsa e un xustificante igualmente falso de ingresar a cantidade de diñeiro, tras o que subtraía o vehículo e vendíao despois a unha terceira persoa por un prezo inferior ao de mercado.

Os axentes puideron identificar como autor dos feitos a un home, veciño de Ferrol, ao que lle constan 16 ordenes de procura e detención e seis ordes de investigación de paradoiro e domicilio en vigor. Os axentes atribúenlle, ademais, tres roubos con forza, dúas deles consumados e un en grao de tentativa, nun establecemento de alimentación da localidade de Fene.

Cando ía ser detido, o home tratou de evadirse dos axentes e tentou atropelar a un dos gardas civís co seu vehículo. Foi ingresado no cárcere de Teixeiro en virtude dunha orde dun xulgado de Málaga.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta