A Rede da Marea Atlántica apoia as bases dun acordo orzamentario co PSOE

A Rede fixo un chamamento a "supervisar de preto" o cumprimento deste acordo, como "garantía de que este traballo conxunto dea resultados que beneficien á cidadanía".

Por E.P. | A CORUÑA | 21/12/2019 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A Rede, o máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, aprobou este sábado por unanimidade as bases do acordo co PSOE para os Orzamentos 2020 no Concello da Coruña, e delega no grupo municipal a súa concreción final.

Segundo informou Marea Atlantica, froito das negociacións co PSOE nas últimas semanas, están a elaborarse unhas contas "netamente progresistas", que seguen "a liña de políticas do ben común iniciada en 2015, baixo o mandato de Xulio Ferreiro".

Deste xeito, os votos da Marea Atlántica no Pleno de María Pita serán "garantía de que continúen as políticas do ben común no Concello da Coruña", tal e como determinou a Rede. En todo caso, fixo un chamamento a "supervisar de preto" o cumprimento deste acordo, como "garantía de que este traballo conxunto dea resultados que beneficien á cidadanía".

Pronunciamento da Rede de Marea Atlántica sobre os orzamentos da Coruña.. MAREA ATLÁNTICA
Pronunciamento da Rede de Marea Atlántica sobre os orzamentos da Coruña.. MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta